Dentro da casa unha suma de pequenos ruídos: o muíño de café, as cazolas. Fóra, unha discreta profesora, esposa dun executivo vestida de Cacharel ou de Rodier. Unha muller xeada.»
Criada nun ambiente pouco convencional, cuns pais que repartían entre si as tarefas domésticas, a pequena Annie ambicionaba unha vida diferente da dunha ama de casa. A súa independencia vese cuestionada cando se converte en esposa e constata que no seu fogar se perpetúan os vellos roles de xénero.