Marilla e Matthew, dous irmáns
que viven en Tellas Verdes,
deciden adoptar a un neno orfo.
Pero cal será a súa sorpresa
cando se encontren
con que lles trouxeron unha nena.
E non unha nena calquera.
Ana Shirley fala moito, tiña moita imaxinación
e sempre se acaba metendo en leas.
Pero, pese a todo, conseguirá gañar o corazón
dos dous irmáns
e converter Tellas Verdes no seu fogar?
Ana, a de Tellas Verdes invítate a reflexionar
sobre a amizade, a familia,
o crecemento persoal
e o esforzo de superación dun mesmo.